viernes, 4 de marzo de 2016

A Ximnasia Rítmica

Ola, nesta entrada os vou a ensinar un pouquiño sobre a ximnasia rítmica.
A ximnasia rítmica é un deporte desenvolvido nos xogos olímpicos e outros campionatos. Case sempre e practicado por mulleres . No que consiste, é en buscar exhibicións orixinais ,facer exercicios con gran dificultade, equilibrados e belos. Que expresen sentimentos e impresionen pola súa perfección , harmonía e ritmo no movemento .
Os elementos que se empregan neste deporte son basicamente cinco :
-Aro: Trátase dun elemento difícil de utilizar.
-Fita ou cinta: E vistosa e moi divertida , sole empregarse con música alegre.(O meu elemento favorito)
-Corda: Está considerado como o elemento mais difícil de usar, pero malia a todo segue sendo o mais elixido polas ximnastas profesionais.
-Mazas: E o elemento mais alegre e divertido.
-Pelota: E un elemento moi elegante.
Neste deporte olímpico, hai competicións tanto individual coma en grupo. Nestes momentos Grecia , Italia , Bielorrusia e Rusia ocupan os primeiros postos na clasificación mundial.
A galega Alba Caride , xa retirada ,  foi unha das mais importantes ximnastas da última décadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario